Gnosticismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Gnosticismo
Do grego "gnosis", (coñecemento). En xeral, o termo aplícase a toda corrente de pensamento que pretende obter un saber absoluto mediante unha experiencia mística e extática, máis que por medios soamente racionais e intelectuais. Máis concretamente o termo aplícase á corrente de pensamento teolóxico-filosófico que, a partir de elementos procedentes de diversas relixións mistéricas orientais, do hermetismo, e das filosofías helenísticas, (entre outras), acada gran difusión no século II, a miúdo en relación co desenvolvemento do cristianismo, do que tomará igualmente algúns elementos.

Aínda que dividido en numerosas seitas, adóitase agrupar en tres correntes principais: a gnose vulgar, a gnose douta e a gnose mitolóxica, con diferentes doutrinas, pero con trazos comúns a todas elas, como o sincretismo, a defensa dun dualismo radical, que enfronta ao Ben e ao Mal, (loita que atopa seu paralelismo na que libran a alma e o corpo), así como a insistencia no valor do coñecemento como vía de salvación da alma dos iniciados. Entre os representantes do gnosticismo cabe destacar a Simón o Mago e Carpócrates, (gnose vulgar), así como a Basilides, Marción e Valentín, (gnose douta).